Os libros máis vendidos de novembro
As novidades de Aira
As nosas libreiras recomendan aconsellan propoñen :

Be water II: Terra
"Un regreso potente ao universo Be Water: Be Water II: Terra é a segunda parte desta distopía sobre o que estamos dispostos a facer para colmar os nosos desexos, sen importar que ou a quen levemos por diante."

Una breve historia de la igualdad
"Tras o enorme éxito de Capital e ideoloxía (tamén adaptado ao cómic por Deusto), chega agora esta versión ilustrada de ‘Una breve historia de la igualdad’, unha obra que abre novas portas para comprender e reflexionar sobre as ideas dun dos economistas máis influentes do noso tempo. "

La primera mujer
"Un relato vibrante sobre crecer, romper co silencio e atopar a propia voz. Uganda en primeira persoa, con humor, dor e unha protagonista inesquecible."

El hechizo de Lily Dahl
"Un pobo pequeno, un misterio que morde polos bordes e unha moza atrapada entre a realidade e o desexo. Hustvedt fai maxia das tensións máis íntimas."

Tres mulleres. Medo. Vinte e catro horas na vida dunha muller. Carta dunha descoñecida.
"Zweig ao seu mellor nivel: tres historias finas como coitelos, onde a emoción é protagonista absoluta. Elegancia, intensidade e ese dramatismo que non falla nunca."









