As nosas libreiras recomendan aconsellan propoñen :

Portada recomendacións - La materia oscura | Aira das Letras

La materia oscura. La brújula dorada

Unha aventura fantástica que cobra vida en formato cómic. Lyra emprende unha viaxe extraordinaria chea de misterios, perigos e descubrimentos nesta adaptación da célebre obra de Philip Pullman. Unha oportunidade perfecta para mergullarse nun universo fascinante a través dunha ilustración espectacular.

Ler máis

Portada recomendacións - Lar | Aira das Letras

Lar

A Coruña, 1857. As cigarreiras da Fábrica de Tabacos érguense contra as máquinas e loitan polo seu traballo e a súa supervivencia. Bibiana Candia recupera un episodio histórico para construír un relato poderoso sobre as mulleres, a resistencia, a memoria e a loita por vivir con dignidade.

Ler máis

Portada recomendacións - Chao, bicos | Aira das Letras

Chao, bicos

Que queda dunha historia de amor cando a lembramos desde a distancia? Unha muller retírase ao campo e, entre silencios e lembranzas, comeza a revisitar unha relación que marcou a súa vida. Unha novela sobre a memoria, os afectos, a dependencia e os labirintos da propia conciencia.

Ler máis

Portada recomendacións - No puedes quedarte aquí eternamente | Aira das Letras

No puedes quedarte aquí eternamente

A historia real de Marie-Jeanne Echeverria, integrante da Resistencia francesa, deportada a Ravensbrück durante a ocupación nazi. Edurne Portela reconstrúe a súa vida e a súa memoria para explorar unha pregunta difícil e necesaria: como se volve vivir despois do trauma? Un libro sobre a resistencia, a memoria e as pegadas da historia nas xeracións seguintes.

Ler máis

Portada recomendacións - Por que a filosofía? Chegar a ser quen se é | Aira das Letras

Por que a filosofía? Chegar a ser quen se é

Para que serve hoxe a filosofía? Nun mundo cheo de información, cambios tecnolóxicos e desafíos ambientais, este libro convídanos a recuperar as grandes preguntas e aprender a mirar a realidade doutro xeito. Un percorrido accesible polo pensamento contemporáneo para cuestionar, reflexionar e, quizais, coñecernos un pouco mellor.

Ler máis

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade