Bruxas e Dragóns: Baba Iagá

Ledicia Costas, Luismi Pérez, Bea Gregores

Un libro que non só se le… tamén se xoga! Neste volume, o primeiro da colección, quen le convértese en protagonista absoluto da aventura. A partir da súa ficha persoal de personaxe, poderá decidir se seguir o Camiño da Espada ou o da Maxia, escoller obxectos, anotar puntos de vida e intelixencia e lanzarse á acción. Cada páxina é unha decisión: brandir a espada e combater con dados contra terribles criaturas ou aventurarse ou pronunciar arriscados conxuros que poden saír ben… ou moi mal. Ti decides o rumbo da viaxe, ti elixes os perigos que afrontarás e ti deseñas a túa propia historia. Con mecánicas claras e accesibles, BRUXAS E DRAGÓNS propón unha experiencia narrativa e lúdica única, pensada para nenos e nenas. Unha porta de entrada perfecta ao universo dos libro-xogos, chea da emoción das grandes aventuras fantásticas e narrada cun estilo fresco e actual.

Ver TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade