Merca desde a casa
A partir de agora, as vendas online da libraría de Aira das Letras xestionámolas a través da plataforma Todos tus Libros (todostuslibros.com).
Tomamos esta decisión porque consideramos que a mellor estratexia das librarías independentes para competir con Amazon e outras empresas de gran tamaño é mediante a unión, a xeración de sinerxías, o respecto pola diversidade e o compromiso cos nosos principios: proximidade, servizo aos nosos clientes en todas as súas necesidades, asesoramento personalizado e dinamización cultural.
Comprando en Aira das Letras ou en calquera das librarías que formamos parte de Todos tus Libros axudas a manter un ecosistema cultural e comercial que permita que haxa actividade económica e, polo tanto, vida activa nos nosos barrios e vilas.
Sabemos que é moi cómodo moitas veces poder comprar por internet e grazas ao esforzo compartido de Todos tus libros non tes que renunciar a un servizo rápido e eficaz para ter os teus títulos preferidos na casa cando os necesitas.
Graciñas por confiar en nós. Gústanos ser as túas libreiras.
Como mercar...
Guía en vídeo para facer o teu pedido na nosa libraría a través da plataforma de Todos tus Libros
