Un pouco sobre nós...

En Maruxairas, libraría de libros lidos, atoparás libros que andan á procura dunha nova lectura, dunha nova vida, dunhas novas mans que se pousen nas súas páxinas.

Aquí poderás perderte entre centos de libros, nun local que deseñamos con moito agarimo e coidado. Queremos que entres non só a mercar, senón a gozar desa busca, dese paseo visual e táctil entre portadas, lombos, páxinas, palabras, ilustracións, historias.

As e os amantes sabedes do libro do que estamos a falar. Entrar nunha libraría é algo máis que atravesar unha porta, elixir un libro, pagalo e marchar.

Entrar nunha libraría é un pracer para os sentidos, unha maneira de relacionarse con esta paixón de ler que compartimos tanta xente, e que comprende todo un proceso completo, dende que nos achegamos a unha libraría ata que lemos a última páxina, pechamos o libro e o deixamos, con nostalxia, de novo nun andel.

En Maruxairas temos libros lidos, libros curiosos, libros antigos, libros fetiche, libros descatalogados ou esgotados, primeiras edicións ou edicións especiais, libros raros…

Agardámosvos no centro do casco histórico da vila de Allariz!

Queres saber máis...

Coñécenos en fotos...

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade