Do amor salgado

Modesto Fraga

Do amor salgado, cando se publicou a súa primeira edición no 1997, converteuse nun referente da nova poesía que estaba a escribir unha nova xeración, a dos 90, que rápido se consolidou nas letras contemporáneas. Agora ve a luz a súa segunda edición, revisada e aumentada con dez poemas inéditos até agoa.

O seu autor, que formou parte do mítico Batallón Literario da Costa da Morte, desenvolve neste libro unha lírica apegada ao territorio e ao idioma, rigoroso na tradición métrica e ambicioso na busca da excelencia literaria.

«Velaquí pois o forte vínculo sensitivo que nos ofrece Modesto Fraga entre os corpos amados e a paisaxe mariña fisterrá», Miro Villar.

Ver en Aira editorial

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade