O caderno de Rutka

Rutka Laskier

En 1943, con apenas catorce anos, Rutka Laskier comeza a escribir un caderno no que deixa constancia da súa vida no gueto xudeu de Bedzin, na Polonia ocupada polos nazis. Entre as páxinas aparecen os seus medos, desexos, amizades, o primeiro amor e as preocupacións propias dunha adolescente, mais asemade a progresiva destrución do mundo que coñece. O que comeza como o diario íntimo dunha rapaza é tamén un testemuño extraordinario sobre o Holocausto.

Escrito con espontaneidade, humor, rebeldía e unha sorprendente madurez, O caderno de Rutka reconstrúe os últimos meses da vida de Rutka Laskier antes da súa deportación a Auschwitz. O seu caderno, conservado durante décadas e descuberto no 2006, converteuse nun dos testemuños máis conmovedores da persecución nazi, pola súa capacidade para facer visible, desde a intimidade, a vida cotiá das vítimas do xenocidio dos xudeus.

Ver en Aira editorial

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras

Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade