O peculiar

Esmoris Erica

No barrio do antigo porto hai un bar que nunca pecha.
Chámase O Peculiar… e dentro del atoparás:

  1. Un pirata coxo que loitou contra icebergs
  2. Unha nai con cinco xemelgos rebuldeiros
  3. Dous inimigos que se adoran
  4. Unha avoa que todo o xulga
  5. E moitos personaxes máis!

Para Comba, O Peculiar é o centro do mundo e os seus clientes, unha extensión da súa familia… ata que, de súpeto, morre o avó e chega o tío Balbino cun can anano e unha maleta cargada de plans.

Poderán Comba e os extravagantes clientes do bar deter a modernidade que ameaza con borrar para sempre a esencia do Peculiar?
Un libro cheo de humor e aventura sobre unha nena, un bar e os seus clientes e todo o que pode pasar cando o que máis queres está a piques de desaparecer.

Ver en TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras

Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade