Cayo Hueso

Oihane Amantegi

A tempada de lagostas comeza en Cayo Hueso a principios de agosto. Vén sendo así dende que o mundo e mundo”. E sempre é motivo de celebración. Virgil, crítico musical, chega á illa un martes, atraído polo engado dos ritmos sureños. Maudey chega o sábado coa súa banda de jazz para cantar durante as festas. Os dous axiña se coñecen, se desexan e namoran. Ou non, pois é difícil precisar a natureza dun encontro semellante, sensual e fugaz coma os cigarros que arden ao ritmo da respiración dos amantes até consumírense e tornárense cinza. Todo isto cóntanolo un vello capitán digno dunha novela de Hemingway -o autor americano viviu en Cayo Hueso moitos anos da súa vida-, e escríbeo a novelista vasca Oihane Amantegi, quen nos traslada á illa máis meridional do estado de Florida para construír, cun estilo elegante e delicado, unha historia inesquecible que, coma nun soño, nos envolve nunha atmosfera chea de lagostas, papagaios, música de jazz, cervexa fría e fume de cigarros. O gran poeta vasco Joseba Sarrionandia escribiu o prólogo desta sensacional novela da autora de Conto ao carón do río.

Ver en TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade