VOLVE A LAGOA DE ANTELA

Inicio/5º CONCURSO MICRO-RELATOS/VOLVE A LAGOA DE ANTELA

VOLVE A LAGOA DE ANTELA

Esa mañá despertara algo intranquila semallaba que ía acontecer algo inesperado. De camiño á escola comezou unha forte tormenta e continuou chovendo todo o día.Xa pola tarde cando voltaba para a casa atopeime cunha muller velliña que nunca vira antes. Chamoume e fun onda ela,cando me acheguei, notei algo estraño no seu ollar.De súpeto dime que chegou a hora de que todo o que está ao meu redor voltara ser como foi anteriormente.Non sabia o que quería dicir e non contestei senón que marchei correndo.Non lle dei maior importancia ao que me dixo ata que prendín o televidor e vin como o home do telexornal estaba moi alarmado xa que na Limia non paraba de chover dende había varias horas e se alagaran moitas vivendas e locais.Semellaba cousa do demo pero a chuvia incrementaba. A xente comezaba a falar sobre meigallos que dicían que estas terras volverían ser a Lagoa de Antela. Horas despois cumpriuse isto. Estabamos todos baixo as augas da lagoa como me quixeran advertir a tarde anterior.

2017-03-15T08:50:00+00:00 29 / 09 / 2016|5º CONCURSO MICRO-RELATOS|

Deixe o seu comentario