Un Madrid cheo de pícaros

Inicio/Actualidade Literaria/Un Madrid cheo de pícaros

Un Madrid cheo de pícaros

Madrid é o verdadeiro protagonista da novela Tres maneras de inducir un coma (Seix Barral), obra prima da luguesa Alba Carballal. Non é que sexa algo novidoso converter a capital do reino de España no escenario dunha novela e dotalo de tanto protagonismo que nos atopemos con que a megalópole é tamén unha personaxe da trama.

Mais a Carballal non lle fai falta ser orixinal para facer un gran traballo. Ao contrario, se esta novela destaca é porque a autora se centrou no que debe ser importante nunha novela: o dominio do plan narrativo e o deseño dos personaxes. Din dela os que a leron que recorda a Eduardo Mendoza, a Michel Houllebecq. E pode ser, pero non no mal sentido dunha obra mimética ou con más reminiscencias ca novidades.

Porque Carballal mantén intacta a capacidade de sorprender grazas ao seu dominio da lingua e á facilidade coa que plasma situacións que amais de reais poden ser cómicas. Esta novela é ante todo unha comedia, un desfile de marxinados e sobreviventes que se enfrontan a un mundo que sempre lles ten preparado un atranco, non para que o superen, só para que se esnafren pouco a pouco, nun camiño de autodestrución involuntaria que á escritora lle vale como marco para contar historias actuais e bastante divertidas.

2019-05-02T12:47:17+00:00 02 / 05 / 2019|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario