UN DESTES DÍAS

UN DESTES DÍAS

Que ben me cae o novo veciño. Chámase Luis, dí­xomo el. Creo que xa nos fixemos algo amigos, ainda que el é un home maior e eu acabo de facer nove anos. Cando chego do cole case sempre está esperando o ascensor. Subimos xuntos e cóntame cousas interesantes. Ás veces faime preguntas tamén. Eu baixo no sétimo; el continúa porque vive no décimo, contoume. Onte non se decatou e premeu o botón do dez, así­ que cando se abriron as portas tiven que volver a baixar. Dí­xome que entrase no seu piso, que me daría a merenda. Pero eu acordeime de que a miña nai quedara na cama, enferma, e estarí­a a esperar por min, así que fun para a miña casa. Outro día, dí­xenlle a Luis

 

2017-11-20T17:21:30+00:00 20 / 11 / 2017|6º Concurso de Microrrelato - Adulta|

Deixe o seu comentario