Pouco importa que a ave da esperanza ou a chispa amarela do desexo crucen por nós como un salouco para converterse en néboa ou sombra esvaída na lembranza.O que de verdade importa,amada e irrenunciábel compañeira,é a chama delicada da tenrura coa que alcendemos o lume no que queimamos a monótona tristeza dos días e onde arde,serea e mansamente, a árbore fidel e rumorosa da nosa propia vida.
Manuel Maríá
Deixe o seu comentario