ROUPA DE MORTO

ROUPA DE MORTO

Cando morreu o avó queimamos a súa roupa, había xente que a necesitaría, sí, máis non quixemos arriscar.

O avó tiña un aire de morto, seica saíra da casa cando era neno e a veciña pasaba no cadaleito por diante da porta.

Non cremos moito nestas paxaradas, pero a manía que tiña de avisar á xente de que ía morrer foinos convencendo de que aquelo tiña que ter algo de verdade.

Casou coa avoa de casualidade, coa oposición da familia dela –que nunca máis lle falou e non nos recoñeceu coma propios xamais-.
Cando morreu o avó queimamos a roupa pensando que ardería o aire de morto, máis onte cando pasou meu home ao meu carón, busquei na axenda a número da funeraria.
Non quixemos arriscar, pero a casa segue a feder a mortos.

2017-11-15T19:38:25+00:00 15 / 11 / 2017|6º Concurso de Microrrelato - Adulta|

Deixe o seu comentario