Ultreia

Francisco Narla

Ano 1117: Compostela é un fervedoiro de peregrinos e conspiracións. A raíña, dona Orraca, intenta afianzar o seu poder entre os nobres e o pobo. O arcebispo, o todopoderoso Diego Xelmírez, contempla como avanzan as obras da nova catedral e intenta aplacar a rebelión que fermenta entre as rúas e a miseria.

Esta é a historia de Ilduara, unha nena orfa que estraña un pai, e Triboulet, un canteiro roto por dentro que estraña a súa filla. Esta é a historia de como fixeron as paces co seu pasado mediante o lume e a ira.

Ver en Aira editorial

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade