Punto de araña

Nerea Pallares

Premio García Barros 2025

Chamada por ese espírito do mar bravo e do vento que peta na porta de todas as casas, Ari chega a Camariñas, unha vila labiríntica que lle resulta estrañamente familiar, para encargarse do museo de encaixe e exercer como guía turística, sen saber aínda que as mulleres da localidade tomaron unha decisión que está a piques de mudalo todo. Fartas do egoísmo dos homes anfibios e ausentes, donos das decisións e dos cartos, e de sosteren a voz de todos sen que teñan elas voz propia, as palilleiras —tamén redeiras, mariscadoras e traballadoras da conserveira— acordan acabar con esa situación dun xeito drástico e perigoso: chamando polas arañas. Tres mulleres temibles, donas do océano e do encaixe, que conforman un goberno doutra orde ao que cómpre obedecer. Punto de araña é unha novela mariñeira e coral, batida pola escuma das ondas que petan contra as rochas e tecida coas voces de tres xeracións de mulleres que se rebelan. Unha loa ás que tecen as redes invisibles que nos sosteñen; ás mans que, en silencio, entrelazan o mundo e ás mans das amigas, rede de redes.

Ver en TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade