Pequerrecho

Mireia Aleu

Pequerrecho era un lugar tan pequeniño, que a xente alí sempe facía dous traballos a un tempo. Un día, a carteira malabarista e o pasteleiro astrónomo marcharon xuntos, e os oficios que sempre foran sinxelos empezaron a complicarse. Pequerrecho é un canto ao divertimento e unha reclamación sen complexos de situaciónsabsurdas e disparatadas que poderían xurdir na vida real -e quizais haberá quen as teña vivido-. Esta entretida e provocadora historia ofrécenos, ao longo das súas páxinas, unha relación de disparidade entre a palabra e a imaxe, que coloca o lector ante situacións inverosímiles e provoca unha dúbida final, que terá que ser resolta confrontando ficción e realidade. Ante esta orixinal proposta, aparentemente lúdica e sinxela, o lector terá que tirar as súas propias conclusións tras unha coidadosa reflexión e segundo os seus criterios particulares, quizás co sentido común dun adulto ou coa inocencia dun lector en formación.

Ver TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade