O gran libro dos medos do rato pequeno

Emily Gravett

Distiquifobia, fagofobia, e a vella acrofobia: todo o mundo ten medo a algo, aínda que parece que o rato protagonista de Gravett é quen máis medos ten.

O libro ten o intelixente formato dun caderno ou un diario que escribe o rato pequeno. Neste libro atopamos a frase: “Ti tamén podes superar os teus medos a través do uso da arte!”. Logo deste frase, segue unha lista case enciclopédica de medos, cada un na súa propia páxina, con abundancia de espazo para a resposta do rato pequeno. Gravett aumenta as posibilidades deste caderno con engadidos deliciosos, unha postal, unha carta, un mapa enteiro. Por exemplo, cando o rato pequeno di: “Non me gusta estar só, ou ás escuras”, os lectores van aprender mirando para o ángulo superior dereito que este sentimento se chama “Isolofobia (Medo da soidade).” A páxina oposta é negra coma o breu, e os ollos nerviosos do rato pequeno escintilan co medo.

Outros momentos son máis puramente divertidos, como a historia dos tres ratiños circenses que perderon o rabo, o que ao rato pequeno lle dá moito medo, pois ten medo aos coitelos. Aínda que as nenas non superen os seus medos de vez, este libro guiaraos no camiño para racionalizalos, ademais de ensinarlles unha chea de vocabulario.

Ver en TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras

Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade