Morgana en Esmelle

Begoña Caamaño

A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos. Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente? Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.

Ver en TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade