A banda que ninguén coñece

Nadia Budde

Un álbum divertido e gamberro ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.

Quen son os estraños personaxes que chegan na furgoneta? O primeiro ten mirada de moucho, o segundo perruca de la, o terceiro gorro de gala e a cuarta unha voz sorprendente. Ante a mirada atónita dos habitantes do lugar, despregan os seus misteriosos artefactos e comezan a tocar. Sons estridentes, compases atolados, moi pouco afinados, con voces sen alento…. Que comece o concerto!

Unha nova proposta da ilustradora alemá Nadia Budde repleta de situacións disparatadas, xogos de palabras e rimas delirantes para imaxinar a historia dun particular grupo de rock: A banda que ninguén coñece. Un álbum diferente, protagonizado por personaxes argalleiros, do máis diverso e disparatado, e unha nova proposta que convida a “cantar e contar” ideal para compartir con prelectores e primeiros lectores.

Ver en TTL

Scroll ao inicio
Logo da Aira das Letras
Política de privacidade

Respectando o establecido na lexislación vixente, Aira das Letras (en diante, tamén Sitio Web) comprométese a adoptar as medidas técnicas e organizativas necesarias, segundo o nivel de seguridade adecuado ao risco dos datos recollidos. Podes consultar as nosa política de privacidade ao completo na seguinte ligazón:

Política de privacidade