Odio e medo

Entre as follas de carballo douradas do outono vin a sua cara, sentín a humidade da sua boca e o noxo intenso da sua cercanía. As suas maus estaban mais  preto que a lúa, que inmóvil desdecía dos meus intentos de fuxir de un acoso inminente.

O cheiro da noite bloqueou os meus sentidos, o muiño moendo e eu, atormentada por esa escuridade, que xa non era miña, correndo e fuxindo. Xa cerca da casa, tremendo, virando a vista atrás, atopei una cara e uns ollos lastrados polo desexo e a violencia.

E de repente as follas de carballo, pintadas pola lúa e regadas pola noite, e o tempo amaestrado na moa do muiño, todos fuxen de min.

Así fuxiu de min o teu amor, e so quedou odio e medo.

2017-11-20T21:26:37+00:00 20 / 11 / 2017|6º Concurso de Microrrelato - Adulta|

Deixe o seu comentario