O PESADELO DE ALBA

O PESADELO DE ALBA

Alba tiña un soño recurrente que a angustiaba. Soñaba que ela estaba durmida e alguén se achegaba cun coitelo na man e, cando ela se xiraba en soños, descubría con pavor que se trataba do seu marido. Despertaba sobresaltada, xirábase e vía ao seu esposo durmindo tranquilamente ao lado. Xa non podía durmir máis e ficaba analizando o soño. Non encontraba ningún motivo racional para terlle medo. Estaría volvéndose tola? Pero a el non se atrevía a comentarllo. Por pequenas cousas, por pequenos detalles, intuía que el era capaz de matala e Alba, neses momentos, angustiábase. Ese era o seu segredo, un segredo que a afogaba, até que un día, despois de que el marchara ao traballo, Alba fixo a maleta, colleu cartos do banco e subiu ao tren. Un descoñecido díxolle “Non teñas medo, isto é moi seguro”. E xa non tivo medo.

2017-11-16T12:52:05+00:00 16 / 11 / 2017|6º Concurso de Micro-Relato - Adulta|

Deixe o seu comentario