O naufraxio do boneco

Inicio/5º Concurso de Microrrelato/O naufraxio do boneco

O naufraxio do boneco

Tic, tac, tic, tac é o único que se escoita na lagoa de Antela. Felurian espera o seu momento. Ten o reloxo de peto colgado ao pescozo, non lle quita ollo ás agullas, sabe que dun segundo a outro a pila que lle permite vivir chegará ao seu fin. Dez, nove, oito… O tempo remata e Felurian avanza cara á agua, xa non hai volta atrás. Nota como os seus pés se van oxidando, cada vez cústalle máis avanzar. Cinco, catro… Sabe que é un amor imposible, ninguén vai querer un boneco cun corazón de latón. Tres, dous, un…

A lagoa de Antela sómese nun profundo silencio.

 

 

 

2016-09-30T21:02:34+00:00 27 / 09 / 2016|5º Concurso de Microrrelato|

Deixe o seu comentario