O misterio da lagoa

O misterio da lagoa

Isto ocurre nunha tarde fría de inverno, onde a neve era a raíña do lugar. Ramón, o noso protagonista, ía camiño do seu fogar, el pertencía ao concello de Xinzo da Limia, adoitaba coller esa ruta tódolos días despois de continuar ca construción da súa casiña en Sarreaus.

Entre as árbores, debaixo da neve víu unha forte luz que lle chamou a atención, situábase á outra beira da lagoa, Ramón estaba canso, tras unha dura xornada de traballo, mais tiña interese en coñecer que era iso que estaba agochado.

Aproximouse a ese foco de luz, tivo que mollarse para cruzar o lago, escarvou na neve e atopou unha cunca, esta era pequena e con moitos adornos, colleuna e levouna ata Xinzo. Mentres pensaba: “Esa lenda sobre a perda da memoria ao atravesar a Antela é unha parvada, coma todas…”

Ao día seguinte ergueuse, para almorzar colleu esa cunquiña mais non se decatou de onde saíra e nunca máis continuou ca construción da súa vivenda en Sarreaus, ninguén sabe por qué…

2017-03-15T08:50:00+00:00 30 / 09 / 2016|5º CONCURSO MICRO-RELATOS|

Deixe o seu comentario