O medo

-Danme noxo os bicos.
Nin sequera estaba a escoitar, apoiados abrazados. Estaba tan ilusionado. No museo parecía inalcanzable pero agora estaban alí.
-Unha árbore.
– Perdón? -Aínda estaba a pensar en como acabaran alí.
– Creo que noutra vida fun unha árbore -Tardou en darse conta da forza coa que lle suxeitaba o ombreiro.
-Porque agora chámanme.
Non viu como lle cravaba a folla no ventre, pero sentiu tirar cara arriba, mentres escorregaba sobre o tronco deixando a cortiza húmida ata a raíz.
I é que os homes viven moito en Irlanda, pero as árbores aínda máis.

2017-11-16T18:54:14+00:00 16 / 11 / 2017|6º Concurso de Microrrelato - Adulta|

Deixe o seu comentario