‘Crudo’, un paseo polo desacougo do mundo de hoxe

Inicio/Actualidade Literaria/‘Crudo’, un paseo polo desacougo do mundo de hoxe

‘Crudo’, un paseo polo desacougo do mundo de hoxe

Estamos no mundo do Brexit, do goberno de Trump, da inconsistencia da verdade, do medo ao futuro. Estamos no tempo no que Kathy, xa maior de 40, prepara a súa voda. Esta é a atmosfera de inicio da novela Crudo, de Olivia Laing, publicada por Alpha Decay.

A novela proponlle ao lector unha dobre viaxe polo desacougo. Un universo exterior ansioso, que se debate entre a indignación e a adicción á información ou sucedáneos, fronte a unha vida interior sometida igualmente aos mesmos trastornos. Onde empeza un mundo e acaba o outro? É posible refuxiarse nun mesmo para fuxir da dor do mundo actual?

No fondo, Crudo perfila un mundo atafegante onde se estraña o amor, a calma, a posibilidade de construír cousas e emocións máis alá do cuarto de hora de duración. Laing non propón unha resposta ou unha saída a esa sensación pero si unha reflexión sobre a construción dunha sociedade que se alimenta das neuras e as multiplica como xeito de interacción persoal e colectiva.

Unha moi boa novela para reparar nas disfuncións que poden conducir no futuro a tempos moi escuros.

2019-02-21T11:26:51+00:00 21 / 02 / 2019|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario