Preme no botón para ver en detalle o resultado das votacións aos premios do público do 7º Concurso de Microrrelatos Aira das Letras:
O son das chispas
O lume era música na casa baleira. No murmurio das lapas resoaban aínda os cantos do xentío no cemiterio. Mais o ritmo sincopado das chispas rebotaba nas paredes e traía de novo, inevitablemente, a soidade. [...]
Pan de ánimas
Recordo que a miña avoa só empregaba a fariña negra na véspera do dia de defuntos. Batía na masa mentres me dicía que aquel día era o máis perigoso para unha pousada, pois os hóspedes [...]
María, Maruxa e Marica
Na noite de Defuntos baixamos ás agachadas ata o río. Quedou a porta aberta, cruzamos as eiras, corremos coa melena ao vento. Tres cativas murmurando na escuridade do río. Tan rideiras, non nos decatamos do [...]
Necrópole
Fai tanto tempo que marchaches, mamá. Eu penso sempre en ti, imaxínote comigo, ao fondo deste nicho. Só che podo escoitar hoxe, e ti nin sequera pensas en min. En min aquí, pois vesme ao [...]
Meniñas
Cando a vella cega desapareceu congostra embaixo, os da tenda retiramos a vista da xanela. Os parroquianos semellaban coñecela ben. Preguntei intrigado como a súa condición non a impedía para tales camiñadas. Respondeume a encargada: - [...]
As sobras dos mortais
- Deixa iso! – reprendeulle a avoa ao neto, dándolle un azoute. Ela apartoulle as mans do prato onde repousaban sete candeas acesas. No fondo, unha balsa de aceite rexeitaba a cera candente que se [...]
O cirio da morte
A procesión de mulleres, vestidas de rigoroso loito, ía liderada pola máis vella da aldea. A lúa abesouraba aquel sabbat, acompañado dos lacrimóxenos ouveos dos cans. As escasas luces que alumeaban nas rúas apagábanse ao [...]
A descoñecida
─Papá Antonino, cóntame a historia da descoñecida!─ insistinlle. Meu avó , fervente devoto do relixioso e escéptico do inexplicable, emitiu un ”non” seco e de escasa sonoridade. Así e todo, incómodo na súa poltrona, [...]
Cartel
Gran festival de Samaín! Concurso de disfraces e maratón de baile. Os disfraces serán, preferentemente, prestados ou alugados, e deberán respectar a temática do Día de defuntos. Haberá dous premios a aqueles disfraces que mellor [...]
A bágoa máis longa
Ás veces soño contigo, sorrís cara o horizonte en silencio, sen mirarme, e cando vou secar as bágoas xa non estás. Entón esperto e estou so no meu cuarto, chorando baixo unha bóveda escura, lembrándote. [...]
Onde morre o sol
Para ela este non era serán de foliada, ela non esquecera que aquela era unha xornada de transición do coñecido ao descoñecido. Afastouse das luces da aldea e achegouse aos cantís. Escoita: na noite o [...]
A CABAZA MÁXICA
Lentamente abrín os ollos e a chama converteuse nun gran escenario, un teatro só pra min: o único espectador da miña propia obra. Os escintileos de luz suxerían formas humanas, rostros coñecidos que me acompañaban [...]
A misa de defuntos
Correron a carón das tumbas, case sen folgo agocháronse detrás dun panteón. Non se coñecian pero o aburrimento da misa de defuntos e o vento traveso que lle fixo voar a perruca ó cura converteunas [...]
A canción
Naquela casa morrera un rapaz atrapado nun incendio. Non puideran sacalo a tempo e desde fora escoitábaselle cantar, sabendo que chegara a fin. Transmitía unha paz macabra. Os bombeiros apuraban a extinción desesperados cando deixaron [...]
Autorretrato
Como todos os días un de novembro, a morte senta falar comigo. Ten unha memoria incrible. Ela mira amante no fondo dos meus ollos verdes, como os da avoa materna a tecer e destecer trenzas [...]
A caveiras acesas
As caveiras acesas ás portas da casa.Dentro só se escoitaba o arrepiar dun can de palleiro o carón da lareira. Ela estaba nun lusco-fusco do sono, que non sabía moi ben se estaba soñando ou [...]
¿Alguén pode relevarme?
A miña inxenuidade acadou o seu punto álxido o día en que vin aquel grupo de encarrapuchados e pensei que eran mozos que viñan dalgunha festa de disfraces. Tampouco souben negarme cando aquela pálida muller [...]
Non son quen!!!
Non son quen de dicirche nada, non son quen de mirarte á cara, non son quen... Paralizas a miña alma, arrepías o meu corpo e enches de desacougo o ar. Es a morte que me [...]
A Pálida
Pálida,cun olhar extrano..., Tecia calma coas suas mans intrincados desenhos no manto escuro da noite de defuntos. Cada fío brilhante de vida enliado cos fíos negros case azuis do tempo xa esgotado..da vida vivida Namentres [...]
Truco ou Trato.
Mudou o sorriso por unha lambetada. Tornou a ledicia pola melancolía e transformouse nun ente negro,tenebroso e solitario.Gozaba alimentandose dos berros descontrolados, angustiados e profundos que a súa presenza provocaba naqueles que conseguian velo ou sentilo. [...]
UN DISFRACE DE MORTE
Pensaba en ti todo o tempo, mentres a miña vida tinguía de vermello a auga quente da bañeira. Pensei en ti todo o tempo, antes e despois de voltar da rolda, cargada de doces e recordos. A cabaza [...]
O oubeo
Ninguén sentiu o oubeo. Alguns xuraron telo escoitado ao calor do lume na vella taberna, e mesmo creeu ter visto sobras esvaecerse entre as canellas do barrio baixo. Ninguén sentiu o oubeo cando un sangue [...]