Azul perpetuo

Azul perpetuo

Baixo o azul perpetuo, unha figura xogaba. O seu corpo era do máis particular. Tiña páxinas por brazos, soños por pernas, bágoas por orellas, confesións por ollos e promesas de amor verdadeiro por beizos. Non emerxía. Non precisaba desa masa de aire fresco que suspéndese no ambiente coa intención de dar vida a calquera organismo.

Certo día, un rapaz achegouse á masa azul, deitouse preto, nunha árbore, e faloulle. Comezou a vir todos os días e fixéronse bos amigos. Xogaban as cartas, falaban do amor, da vida e mesmo das árbores. As bágoas, os sorrisos, os fillos e as canas sucedéronse na vida do humano nunha cita que ningún esquecía. A figura tamén foi crecendo e converteu as súas follas en libros, o seus soños en realidades, as bágoas en sorrisos, as confesións en liberacións e as promesas en amores dos de toda a vida.

Fai uns días, o encontro foi diferente. Desta vez a figura xurdiu das profundidades e, coa ledicia e o agarimo co que so se trata a un verdadeiro amigo, convidouno a entrar no azul perpetuo.

2016-09-27T21:26:27+00:00 27 / 09 / 2016|5º CONCURSO MICRO-RELATOS|

Deixe o seu comentario