Actualidade Literaria

Inicio/Actualidade Literaria
Actualidade Literaria 2017-03-15T08:48:03+00:00

Na mente dun xenio. Desmontando a Philip K. Dick

Emmanuel Carrère é un dos escritores vivos máis influentes. O francés está considerado un dos grandes renovadores da narrativa actual por como soubo conxugar a ficción coa investigación histórica e as técnicas do xornalismo. Practicamente todas as súas obras se converteron en éxitos de crítica. Agora Anagrama publica de novo Yo estoy vivo y vosotros estáis muertos. Un viaje en la mente de Philip K. Dick, un percorrido biográfico pola traxectoria vital do famosísimo escritor de ciencia ficción, creador literario do universo Blade Runner, entre outros. Carrère escolle unha posición próxima, a media distancia, para relatar a intimidade dun xenio capaz de construír unha obra creativa impresionante pero vítima das súas propias pantasmas, adiccións e malas decisións vitais. Dick é un personaxe [...]

28 / 03 / 2019|

A historia esquecida dos apaches

15 / 11 / 2018|

Álvaro Enrigue é un dos grandes novelistas do xénero histórico culto e moderno. É dicir, non esperen os lectores do autor mexicano un best-seller do estilo de Ken Follett ou Ildefonso [...]

Os patrocinadores do nazismo

18 / 10 / 2018|

Éric Vuillard gañou o Premio Goncourt do 2018 con El orden del día, que publica en castelán Tusquets. Unha novela histórica distinta ao acostumado que se centra, dun xeito fragmentario e [...]