Amada miña

 

Morte, ven. Lévame lonxe onde ninguén poida vernos.

Estou namorada da túa alma, do teu cabelo de ouro, da túa tostada pel, dos teus beizos ardentes e do teu acolledor sorriso.

Amiga, confidente de amargas ilusións. Espantoso mollo de ortigas e arbustos. Ardor, esconxuro de ras e sapos. Viva chama de gasolina que queima, queima e leva consigo todo. Ceo de estrelas estreladas. Noite escura de bravo mar.

Quero casarme contigo. Levar no meu dedo anular un anel co teu nome. Percorrer cada parte do teu corpo ata converternos en ardentes cinzas.Quéreme amada doncela. Que será de min  sen vos?

Ven xa amada miña.

2018-11-10T22:45:36+00:00 10 / 11 / 2018|7º Concurso de Microrrelato – Xuvenil, Sin categoría|

Deixe o seu comentario