Unha historia de maxia cotiá, por María Canosa

Inicio/Actualidade Literaria/Unha historia de maxia cotiá, por María Canosa

Unha historia de maxia cotiá, por María Canosa

María Canosa gañou o último Premio Merlín que convoca Xerais para textos infantís con Muriel. A autora conseguiu cativar primeiro o xurado e despois o público cunha historia sobre a capacidade do cotián para xerar maxia. Esa maxia das cousas pequeniñas que converte até unha vida anódina nunha fonte de entusiasmos.

No libro preséntasenos a Muriel, un neno cunha grande imaxinación que precisa que algo ocorra na súa vida de vez para que cambien aquelas cousas que menos lle gustan. Nesa aventura contra a tristura e o aburrimento encontrará dous grandes aliados, cada un ao seu xeito, un raposo que se vai converter no seu mellor amigo e un leiteiro que contén un misterio.

O libro de Canosa lese con moita delicia e consegue revivir o regusto polas historias sinxelas, ben contadas, capaces de acender unha mecha cara á fantasía. Hai algo máis importante para pedirlle a un libro?

Lecturas relacionadas: calquera das aventuras da Escarlatina, de Ledicia Costas, Pippi Mediaslongas, a narrativa infantil de Roald Dahl.

2018-01-11T12:55:30+00:00 11 / 01 / 2018|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario