Unha divertida novela policial escrita en ourensao

Inicio/Actualidade Literaria/Unha divertida novela policial escrita en ourensao

Unha divertida novela policial escrita en ourensao

Bieito Iglesias é un dos narradores máis orixinais da literatura galega. Non tanto polos xéneros que cultiva nin polos temas que trata senón pola súa maneira de contar. Primeiro porque é dos poucos autores actuais que utiliza sen rubor o dialecto ourensao, é dicir, as formas léxicas, sintácticas e de pronuncia propias do sueste galego. Iglesias é do barrio da Ponte e criouse en Coles e desas fontes bebe a súa lingua literaria. E ademais porque o humor forma parte sempre da súa obra, sexa cal for o tema que trate.

Agora presenta Guías caninos (Aira), unha novela curta, ilustrada por Xulio Gayoso, que nos leva ao ano 2017, a unha cidade de Ourense preocupada por varios feminicidios. O policía Benito Marañao (alter ego do propio autor) terá que investigar que está pasando nunha cidade con fama de tranquila.

Este libro é a segunda parte de Miss Ourense, colección de relatos policiais que tiñan lugar no Ourense da década do 1960. Tanto é así que na novela aparece Gumersindo Nespereira, o policía que protagonizara esoutro libro.

Unha novela moi divertida onde case nada é o que parece. Ideal para ourensáns mais tamén para quen goste de ler unha literatura viva e con moita retranca.

2018-12-27T11:46:19+00:00 27 / 12 / 2018|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario