Unha actualización da literatura sobre o escravismo

Inicio/Actualidade Literaria/Unha actualización da literatura sobre o escravismo

Unha actualización da literatura sobre o escravismo

Colson Whitehead é un dos escritores estadounidenses de menos de 50 anos con maior prestixio. Coa súa última novela, O ferrocarril subterráneo, gañou o Pulitzer.

Esta novela, publicada en castelán por Literatura Random House, revisita a literatura sobre a escravización dos africanos durante o proceso de construción dos Estados Unidos. A partir do denominado ferrocarril subterráneo, que é como se chamou a rede de fuga dos escravos que se dirixían desde o sur escravista a territorios onde estaba prohibida a venda de persoas, o autor constrúe unha poderosa epopea que trascende os intereses históricos e profunda na pescuda literaria tamén.

Porque o tema que se trata: a loita dos escravos para se liberaren antes de que sexan libres por lei, segue a espertar interese no lectorado actual. Como foi posible que unha civilización decidise construír o seu progreso sobre as costas de miles e miles de seres humanos arrastrados desde África á forza e comprados e vendidos durante todas as súas vidas? Como durante tantas décadas se considerou “normal” na sociedade norteamericana un tema que hoxe nos parece abominable? Que relación existe entre a escravitude que en efecto hoxe a sociedade rexeita con esa outra, máis sutil, que segue a existir hoxe en forma de trata de inmigrantes, mulleres, nenos…?

Mais a prosa de Whitehead quere trascender os planos histórico ou sociolóxico. Quere propor unha narrativa limpa, precisa, baseada en personaxes ben armados e diálogos que favorecen o avance da acción e a creación da atmosfera na que se desenvolven os feitos.

Interesante para: amantes da novela histórica, dos movementos civís, da novela cun ton clásico pero moderno.

2017-12-21T16:41:59+00:00 21 / 12 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario