Un recordo pode cambiar a túa vida

Inicio/Actualidade Literaria/Un recordo pode cambiar a túa vida

Un recordo pode cambiar a túa vida

A cabeciña de Flora Banks non funciona como a cabeza normal dunha rapaza de 17 anos. Por mor das secuelas dunha operación cirúrxica contra un tumor cerebral a súa mente funciona coma a dunha nena de dez anos. A moza só é quen de reter lembranzas por un moi breve período de tempo. Afeita a lidar con isto, Flora de repente, durante unha festa, recibe un beixo, un beixo de amor que quedará dentro de si como o seu único recordo. A partir deste fío solto no seu día a día, Flora terá que enfrontarse ao mundo, ás súas limitacións e talvez á realidade.

El único recuerdo de Flora Banks, de Emily Barr, publicada por Salamandra, está chamada a ser unha das revelacións da tempada no campo da literatura xuvenil.

A escritora británica consegue plasmar en só dúas semanas de acción as angueiras e anceios dunha personaxe moi ben deseñada, valente a pesar das súas limitacións, que se nega a vivir na vida de burbulla para bonecas que a súa familia decidira para ela.

Ideal para: lectores de libros para a mocidade que buscan unha historia ben fiada e personaxes diferentes e moi ben construídos.

Gustarache se: liches Wonder.

 

 

2017-11-16T09:29:57+00:00 16 / 11 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario