Tenrura

Pouco importa que a ave da esperanza ou a chispa amarela do desexo crucen por nós como un salouco para converterse en néboa ou sombra esvaída na lembranza.O que de verdade importa,amada e irrenunciábel compañeira,é a chama delicada da tenrura coa que alcendemos o lume no que queimamos a monótona tristeza dos días e onde arde,serea e mansamente, a árbore fidel e rumorosa da nosa propia vida.

 

 

Manuel Maríá

2016-05-05T05:51:21+00:00 05 / 05 / 2016|2016 Concurso Día das Letras Galegas|

Deixe o seu comentario