A estrela sen nome

A estrela sen nome

Eu sei dunha estrela

perdida nos ceos,

irmá dos meus soños

e dos meus anceos.

A estrela rebrilla

cando miro pra ela

cos ollos abertos

e ollada sinxela.

Eu sei que esa estrela

perdida na noite,

se quizáis lle falo,

quizáis ela escoite…

Eu sei dunha estrela

cal outra non vin:

¡se eu ollo pra ela,

ela olla pra min…!

¡Eu sei dunha estrela!

¡Coa estrela eu soñei:

se ten nome ou non

é o que non sei…!

2016-05-05T13:17:19+00:00 05 / 05 / 2016|2016 Concurso Día das Letras Galegas|

Deixe o seu comentario