Segredos e memorias de familia

Inicio/Actualidade Literaria/Segredos e memorias de familia

Segredos e memorias de familia

Celia Díaz Núñez publica a novela Unha verdade amarga, editada por Galaxia. A historia comeza cando Daniel Pereira decide interpor unha demanda de paternidade para que Aurelio Salgado, un dos empresarios de maior éxito de Valverde, o recoñeza como fillo lexítimo.

A partir dese fío, a autora vai desvelando as memorias e segredos das familias, as angueiras e arelas de mulleres e homes, cadaquén no seu tempo e coas circunstancias propias, mais sempre buscando a felicidade, ás veces sen ter en conta as necesidades dos próximos.

A novela é un relato de corte clásico, con moita pegada da narrativa psicolóxica do século XIX e cunha atmosfera realista e costumista a través dunha técnica accesible que toma prestadas ferramentas do thriller, a novela romántica e incluso a narrativa de misterio.

Interésache se: che apetece ler unha novela galega actual escrita con oficio, cunha historia que te transporta a unhas vivencias verosímiles e cheas de matices na conduta e na tensión entre obriga e desexo.

2017-08-31T12:10:08+00:00 31 / 08 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario