Que libros sobre Galicia se len nas bibliotecas de Barcelona?

Inicio/Blogs/BiosBardia/Que libros sobre Galicia se len nas bibliotecas de Barcelona?

Que libros sobre Galicia se len nas bibliotecas de Barcelona?

Biblioteca Central de Igualada.

Xesús González Gómez.

Como está a chover sobre Barcelona e non se pode pasear con vagar, pensei en facer unha relacións dos libros de autores galegos –en galego ou traducidos ao catalán ou ao castelán– ou escritos por estes directamente en español, e de libros sobre Galicia, que están prestados neste momento (27-28 de outubro de 2018) polas bibliotecas municipais de Barcelona –capital e máis provincia– polo que, sen máis dilación, pasamos a transcribir polo miúdo a lista de préstamos. Escollo as datas porque os domingos non abren as bibliotecas e non se poden dar de baixa os libros devoltos (o usuario ten en cada biblioteca un buzón onde devolver os libros xa lidos, en caso de que a biblioteca estea pechada; ou sexa, o libro está devolto pero non dado de baixa, polo que consta como prestado), polo que o número de préstamos que se dará era, nese momento, real, aínda que os libros xa estivesen lidos e mesmo xa fosen devoltos.

O libro que trata de Galicia máis prestado nos últimos meses polas bibliotecas municipais barcelonesas, xa pode imaxinar o lector cal é: Fariña, de Nacho Carretero: 8 préstamos (e seis reservas) da tradución ao catalán, e 8 préstamos e 14 reservas para a edición orixinal. Digamos que nestes momentos todas as bibliotecas que contan con este libro o teñen en préstamo, agás a Biblioteca Ferrer i Guàrdia, de Alella. Outros libros –de non ficción– en préstamo son os seguintes: Galicia, guía del trotamundos, de J. García Marín; Toponimia de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles; Galicia Interior, de Rosa Carvajal (dous préstamos: Barcelona e Badalona); Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, de Carlos Babío e Manuel Pérez; Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, Álvaro Cunqueiro & Jose María Castroviejo; Galicia. Rutas con leyenda e Los mejores paseos por la Costa Gallega, de Anxo Rial; Lendas galegas de tradición oral, de X. M. González Reboredo (dous préstamos: Barcelona e Rubí); Diccionario gallego-castellano, castellano-gallego, de Beatriz García Turnes; Galicia, de Antón Pombo, Camí de Sant Jaume de Galícia: desde Barcelona y Hospitalet…; Valores sociales, M. Vázquez Freire; Cómo elegir mi profesión, Ramón Loureiro Silva e Historia da literatura galega, de Dolores Vilavedra.

Como poderá comprobar o lector, pouca cousa. Pero pasemos a autores. É dicir, pasemos á literatura. Empecemos polo inicio, ou sexa, por Rosalía. Estudos sobre a súa vida e biografías, nas bibliotecas municipais de Barcelona e provincia hai 12 títulos, dos que en préstamo, nestes momentos, está Canon y subversión: la obra narrativa de Rosalía de Castro, Helena González e María do Cebreiro Rábade, editoras. Polo que respecta á súa obra (por títulos individuais e antoloxías e obras completas) nestas bibliotecas hai 76 títulos, algúns deles excluídos de préstamo. Os libros de Rosalía excluídos de préstamo son os seguintes:

Cantares Gallegos, Editorial Paez, na Biblioteca de Sant Vicent de Montalt; e no fondo Castro da Biblioteca Antonio Martín, de El Prat de Llobregat.

Follas Novas, Editorial Páez, fondo Castro da Biblioteca Antonio Martín, de El Prat de Llobregat. Esta edición tamén está na Biblioteca de Sant Vicent de Montalt, mais, curiosamente, non está excluída de préstamo.

Obras completas, edición Aguilar 1944, Biblioteca Tecla Sala, L’Hospitalet de Llobregat.

Obras completas, edición Aguilar 196?, Biblioteca Central de Terrassa. Exemplar que tamén está na Biblioteca Central de Cerdanyola del Vallès, mais nesta non está excluído de préstamo.

E as bibliotecas Can Salvador de la Plaça, de Calella; e a Biblioteca Ignasi Iglesias, de Barcelona, exclúen de préstamo o exemplar que teñen cada unha delas da primeira edición de Follas Novas.

Polo que respecta aos títulos de Rosalía de Castro prestados polas bibliotecas de Barcelona (capital e provincia), a cousa fica ben pobre:

El caballero de las botas azules; Obra completa III. Obra en prosa, edición de Mauro Armiño; En las orillas del Sar, edición de Marina Mayoral; e Poesía completa (edición bilingüe) a cargo de Juan Barja.

O segundo nome que procuramos é o de Manuel Curros Enríquez. Do celanovés contan as bibliotecas barcelonesas poucos títulos… e todos eles excluídos de préstamo:

Aires d’a miña terra, edición de 1881, Biblioteca de Masquefa

Aires d’a miña terra. O divino Sainete, Suc. de Hernando, 1922, Biblioteca P. Gual i Pujades, Canet de Mar.

La lira lusitana; La señorita de aldea; de mi Álbum; Artículos y poesías, suc. de Hernando, 1912, Biblioteca Antonio Martín, de El Prat de Llobregat, Fondo Castro.

Cartas del Norte; La condesita; Poesías escogidas, suc. de Hernando, 1910. Biblioteca Antonio Martín, de El Prat de Llobregat, Fondo Castro.

El Divino Sainete: poema en ocho cantos, traducido por Abelardo Curros Vázquez, 1918. Biblioteca Antonio Martín, de El Prat de Llobregat, Fondo Castro.

Obras completas 1, 2, 3, 4, Suc. de Hernando 1909. Biblioteca Ignasi Iglesias, de Barcelona. Libros doados por este dramaturgo catalán que tamén doara a primeira edición de Follas novas nos fondos da biblioteca que leva o seu nome.

Obra poética completa, a cargo de Celso Emilio Ferreiro, 1976. Biblioteca A. Cardona Torrandell, fondo Cardona Torrandell.

De Curros non pode emprestarse ningún dos seus títulos que están nos fondos das bibliotecas municipais barcelonesas, polo que, dificilmente, alguén demandará un libro seu. De Pondal, terceiro nome procurado, só hai tres títulos nestas bibliotecas: La Campana de Anllóns, A Coruña, 1895, excluído de préstamo na biblioteca de Barcelona Francesca Bonnemaison mais, curiosamente, dispoñíbel para préstamo na Biblioteca Mestre Martí Tauler, de Rubí. Os outros dous títulos son: Poesía Galega Completa, edición da editorial Sotelo Blanco, de, 1995; e Rumores de los Pinos: versión bilingüe, Trylmar, Vigo, 2008: ningún deles emprestado, nestes momentos.

De Ramón Cabanillas só existe un título nestas bibliotecas: Cancioneiro popular galego (ou sexa, Antífona da cantiga), na Biblioteca Cardona Torrandell, de Vilanova i la Geltrú, do fondo Cardona Torrandell: está excluído de préstamo. Pódese prestar mais nestes momentos non conta con  ningún lector, o único título de Manoel-Antonio no fondo destas bibliotecas: De catro a catro, a edición bilingüe, cuxa tradución realizou Rafael Dieste e que reeditou no seu día a madrileña editorial Visor. De Amado Carballo contan coa edición da súa Poesía completa, a cargo de Luís Alonso Girgado. Curiosamente (?) unha única biblioteca, Can Salvador de la Plaça, de Calella, conta cun exemplar deste libro, que nestes momentos non está prestado.

De Castelao contan estas bibliotecas con todos os seus títulos, en diferentes edicións: nestes momentos, ningún deles está en préstamo. De Otero Pedrayo só contan con seis títulos, dos que ningún está emprestado e dos que se exclúen de préstamo os seguintes: El doctor Varela de Montes: médico humanista compostelano del siglo XIX, sito na Biblioteca Antonio Martín, del Prat de Llobregat, fondo Castro e Geografía de España : presencia y potencia del suelo y del pueblo español (4 volumes), en diversas bibliotecas da capital e da provincia. De Vicente Risco cóntanse seis títulos, só dous en galego: O porco de pé e Manuel Murguía, este último, na Biblioteca Central de Igualada, doazón de Josep Romeu Figueras, excluído de préstamo, como excluídos están varios dos exemplares da primeira edición de Historia de los judíos (1944), mentres que na Biblioteca Josep Mateu i M, de Castellbisbal pódese demandar para a súa lectura a domicilio. Nestes momentos, ningún dos libros de Risco está prestado.

De Cunqueiro as bibliotecas municipais de Barcelona capital e provincia contan con 58 títulos (en galego, castelán, catalán –Herba aqui o allà, única tradución de Cunqueiro ao catalán; e árabe: a versión de Se o vello Sinbad…), así como uns seis títulos máis sobre Cunqueiro. Os préstamos, a 25 de outubro do escritor mindoniense estaban tal como segue:

Merlín e familia i outras historias, tres préstamos (Barcelona e Alella). O mesmo título en versión castelá, dous préstamos (Barcelona e Sant Cugat del Vallès), e Por el camino de las peregrinaciones, dous préstamos Tamén se pode contabilizar o título xa transcrito máis enriba: Viaje por los montes y chimeneas de Galicia, escrito en colaboración con Jose Maria Castroviejo, un préstamo.

De Luís Pimentel cóntase con tres títulos, distribuídos en trece bibliotecas, é dicir, pouca cousa. E un dos títulos, Vint poemes (traducidos ao catalán por Josep Maria Llompart),está excluído de préstamo (Biblioteca de Roda de Ter, fondo especial Miquel Martí Pol). Os outros dous son: Barco sin luces, e a antoloxía preparada e traducida por Miguel González Garcés e publicada por Visor. Ningún título en préstamo.

E de Celso Emilio teñen un total de 12 títulos, en galego, castelán, edición bilingüe e  un en catalán: Celso Emilio Ferreiro : alguns poemes del seu llibre Longa noite de pedra / traduïts per Xesús Maria Lesteiro, Terrassa : Mirall de Glaç, 1995: ningún préstamo.

De Eduardo Blanco Amor hai 6 títulos: dous en galego (Os biosbardos e Teatro pra xente, este último excluído de préstamo, Biblioteca A. Cardona Torrandell), tres en castelán (La parranda, en dúas edicións diferentes, e a última edición de La catedral y el niño: Libros del Asteroide, edición que se esquece de introducir o limiar que o autor lle metera á primeira edición española, a de 1976 de Ediciones del Centro) e un en catalán, La gresca (tradución de A esmorga). Dos libros en galegos non hai préstamos nestes momentos. Dos libros en castelán, La catedral y el niño conta cun total de seis préstamos e mais unha reserva.

E de Ánxel Fole contan con catro títulos: Contos da néboa, Contos de lobos e outros relatos, Historias que ninguén cre e Á lus do candil: ningún préstamo. De Xosé Luís Méndez Ferrín hai sete títulos (en galego, castelán e catalán): En el vientre del silencio, Arraianos (na máis ben infame versión de Luisa Castro), Amor de Artur y nuevos cuentos con Tagen Aten a lo lejos, Con pólvora y magnolias (versión de Manuel Outeiriño) e Con pólvora e magnolias, edición de Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer; así como coa versión catalá (realizada por Xavier Rodríguez Baixeras) de Bretanya, Esmeraldina:  ningún préstamo.

De Méndez Ferrín pasamos ao outro contrincante da guerra galáctica argallada hai anos no noso país arredor destes dous nomes: Carlos Casares. Deste, en galego, castelán e catalán, contando os libros de literatura infantil, hai un total de 21 títulos. En préstamo nestes momentos: Os escuros soños de Clío e Os mortos daquel verán, ambos en versión orixinal. Consignemos que durante o mes de xullo foi abondo emprestado por ser a versión española de O sol do verán un dos libros elixidos polas bibliotecas de Barcelona (capital) para o concurso Velocirepte: trátase de ler cada mes, durante un ano, un dos varios libros propostos polas bibliotecas e participar nun concurso, etc.

María Xosé Queizán ten seis títulos nestas bibliotecas, mais neste intre ningún préstamo

De Alfredo Conde, en galego e, sobre todo en castelán, ben traducións das obras primeiramente redactadas no noso idioma, ou redactadas directamente en castelán, hai un total de 15 títulos, e un préstamo El Griffon, na edición de Edhasa.

De Conde saltamos a Manuel Rivas porque toda unha  serie de escritores que poderiamos colocar polo medio: Manuel María (dous títulos, sen préstamos), X. L. Franco Grande (tres títulos, sen préstamos), Bernardino Graña (dous títulos, libros infantís), Ramiro Fonte (dous títulos), Xosé María Álvarez Cáccamo (tres títulos, un en catalá: Foc blanc), M. Forcadela (dous títulos, novelas policiais, unha en versión catalá, Sang damunt la neu), Arcadio López Casanova (oito títulos, dos que catro en galego),  Cesáreo Sánchez (cinco títulos, un en catalán), Xohana Torres (sete títulos, seis infantís: dous en castelán, dous en catalán, un en euskera e un en galego; e unha antoloxía bilingüe preparada por Luciano Rodríguez e publicada pola Deputación de Málaga: Olas atlánticas), Xulio Valcárcel (catro títulos, tres en galego, un en versión bilingüe galego-castelán), Xosé Lois García (vinte e catro títulos, dos que nove en galego, o resto son traballos de historia local de Sant Andreu de la Barca, concello do que foi arquiveiro ou algo así), etc. etc., non teñen neste momento préstamo ningún. De Manuel Rivas teñen un total de 98 títulos, en galego, catalán, castelán, portugués (As chamadas perdidas, Dom Quixote), alemán (Der Bleistift der Zimmermanns, Biblioteca La fraternitat, Barcelona) e inglés (The carpenter’s pencil, a edición de 2002, The Hervill Press, na biblioteca de Caldes de Montbui, e a do 2003: Vintage Books, na biblioteca Josep Benet, de Barcelona). Polo que respecta aos títulos de Manuel Rivas en préstamo, eilos:

Bala perdida (en castelán) 5 préstamos máis 3 reservas; Bala perduda, 2; Los comedores de patatas, 1; Ella, maldita alma, 2; Ella, maleïda alma, 1; Galicia, Galicia, 1; En salvaje compañía, 1; La lengua de las mariposas, 1; Las voces bajas, 5; Los libros arden mal, 1; Els llibres fan de mal cremar, 1; El zorro y la maestra, 2; El héroe, 1; O lapis do carpinteiro, 2; El lápiz del carpintero, 12 máis unha reserva; El llapis del fuster, 1; Lo más extraño, 12; El pueblo de la noche, 1; La mano del emigrante, 2; Milu, 5; Vicente Ferrer: rumbo a las estrellas, con dificultades, 2; Las llamadas perdidas, 4; ¿Qué me quieres, amor?, 5 préstamos máis dúas reservas; ¿Què vols de mi, amor?, 1; El último día de Terranova, 25 préstamos e doce reservas; Todo es silencio, 6; e Un manifiesto contra todo esto: 11 préstamos.

De Manuel Rivas a Suso de Toro, os dous escritores galegos máis coñecidos fóra, do país, sobre todo en Cataluña, onde de Toro ten agora un grande cartel, máis debido á política que á literatura, que non se chame ninguén a engano. Do autor de Polaroid hai nas bibliotecas municipais de Barcelona capital e provincia, 58 títulos, en galego, catalán e castelán. Hoxe por hoxe, Suso de Toro é o escritor galego que máis se traduce ao catalán, aínda que no pasado o superaban Manuel Rivas e Agustín Fernández Paz e Fina Casalderrey.

Mais vexamos cales son os títulos de Suso de Toro prestados por estas bibliotecas:

Ambulancia (en castelán), 1 préstamo; Calzados Lola (tamén versión castelán), 2; Esdevenir humil: ritual per a desprès de Déu, 1; Fora de si (versión catalá ) 40 préstamos e 5 reservas; La literatura desde dins, 16; La lliçó catalana, 1 máis unha reserva; Per Catalunya, 5 máis dúas reservas; Trece campanadas, 3; Trece badaladas, 1; L’Ombra caçadora, 1; Calzados Lola (galego), 1; El príncipe manco, 1 máis unha reserva; Hombre sin nombre, 1; e Home sense nom, 1.

Antes de pasarmos a dar conta dos libros de literatura infantil e xuvenil galega que están prestados nestes momentos nas bibliotecas municipais de Barcelona e provincia, repasemos unha serie de autores: número de títulos e préstamos, se os houber:

Teresa Moure conta con dez títulos, en galego, castelán e catalán, e nestes momentos ten emprestados Herba d’enamorar, 2, e Benquerida catástrofe, 1. Bieito Iglesias, dous títulos e ningún préstamo, o mesmo que A. Riveiro Coello. Iolanda Zúñiga, tres títulos, en galego e castelán, e un préstamo: Vidas post-it, en versión orixinal. Alberto Lema conta con tres títulos, todos en versión castelán (ningún préstamo). María Reimóndez conta tamén con tres títulos: un en versión orixinal e dous traducidos: tampouco ningún préstamo. Manuel Darriba está presente cun titulo, en versión castelán, sen préstamos. Francisco Castro está representado con nove títulos, en galego e en castelán, algún deles escrito directamente neste idioma; préstamos: Em deia Simbad, 4; La mirada del escritor: como encontrar tu fábrica de historias, 1; Tienes hasta las diez, 1 máis unha reserva. Darío Xohan Cabana: tres títulos (todos en galego) e un préstamo: O cervo na torre. Xosé Ramón Pena: 6 títulos –ensaio e narración– sen ningún préstamo. Neira Vilas está representado con 13 títulos, en galego, catalán e castelán: sen préstamos; igual que Luís Rei Núñez, pero este con só catro títulos, en galego e castelán. Helena Villar Janeiro: oito títulos, en galego, castelán e catalán, ningún préstamo. Paco Martín ten colocados setes títulos, mais ningún préstamo. Xavier Rodríguez Baixeras ten dous títulos: un en galego, poesía da súa autoría, e outro en catalán: unha antoloxía de poetas galegos: ningún préstamo. Con dous títulos tamén están presentes Luís González Tosar e Miguel-Anxo Fernán Vello, mais mentres o primeiro non ten ningún préstamo, o segundo ten un, Territorio de la desaparición (Libertarias). Jaureguizar: catro títulos: dous en galego e dous en castelán, ningún préstamo. Rexina Vega está representada con cinco títulos, mais tres deles pertencen a libros colectivos, polo que en realidade só son dous os títulos: Cardume, en versión orixinal e na súa tradución ao castelán: un préstamo, na versión galega. Diego Ameixeiras: 12 títulos, en galego, castelán e catalán, e un préstamo: Tres segundos de memoria –en galego. E etcétera, xa que son moitos os autores galegos representados cun só título e transcribilos todos convertería este artigo en máis aborrecido do que xa é, polo que pasamos a tres autores que cultivan ou cultivaron maiormente o que se denomina literatura xuvenil ou infanto-xuvenil.

O non hai moito finado Xavier P. Docampo está representado con 27 títulos: en galego, catalán e castelán, e ten un total de cinco préstamos: La casa de la luz, L’home que va inventar una manera de caminar, La llave maestra, El pazo vacío e Quan de nit truquen a la porta.

Fina Casalderrey está representada con 79 títulos: en galego, catalán, castelán e mesmo un en euskera: Ez ezkondu, aita!, e os títulos que ten nestes momentos en préstamo son os seguintes:

Con un préstamo: Un dia de caca i vaca; Última carta a los Reyes Magos; La laguna de las niñas mudas; El llac de les xiquetes mudes; El misteris del fills de Lluna; Ostres, tu, saps què?; Isha, nascuda del cor; Contra el vent; e Foc.

Con dous: Ecs, quin fàstic!; ¿Quién quiere adoptarme?; El nen gos; Félix, el coleccionista de miedos; Un gos al pis; Yo soy yo; Pesadilla en el tren Chocolate; ¡Gela se ha vuelto vampira!

Con tres: Alas de mosca para Ángel; L’estanc d’ànecs pobres; Pimpín y doña Gata.

Con catro: El misterio de los hijos Lúa; Hola, estúpid mostre pelut! (máis unha reserva); Jo sóc jo (máis unha reserva)

Con cinco: L’avi és molt savi; L’àvia no vol menjar; Un cavall de foc; Malson al tren Xocolate.

Con seis: L’àvia té una medecina.

Con sete: L’avi surt a passejar.

Con nove: Història de la bicicleta d’un home llangardaix.

Con dez: I am me: jo sóc jo.

E para acabarmos, Agustín Fernández Paz. O de Vilalba está presente nestas biblioteca cun total de 119 títulos: en galego, catalán, castelán e dous en euskera: Are Beltza e Maitasuna da geratzen den bakarra. A lista dos seus préstamos no momento actual é a seguinte;

Con un préstamo: Paradissos d’ombra; Des d’una estrella distant; Las hadas verdes; Lo único que queda es el amor; El laboratorio del doctor Nogueira; No hi ha nit tan llarga; Un tren cargado de misterio; Tretze anys de Blanca; Cartes d’hivern; Mi nombre es Skywalker; Només ens queda l’amor; El centre del laberint; Laura and te mince/Laura y los ratones.

Con dous: Amb els peus enlaire; Las fronteras del miedo (máis tres reservas); Luna del Senegal; Contes per paraules; Mals temps per a fantasmes; El secreto de la Isla Negra.

Con tres: Amunt!; Les fronteres de la por; Les fades verdes; En el cor del bosc.

Con catro: La Raquel té por; Trece años de Blanca (máis unha reserva); Muros.

Con seis: Amistades secretas; L’escola dels pirates; La pastelería de doña Remedios; Murs.

Con sete: Laura i els ratolins; La neu interminable.

Con trece: Fantasmes al passadís.


Source: BIOSBARDIA

2018-11-28T07:46:34+00:00 28 / 11 / 2018|BiosBardia|