Procurando o esencial da vida en Irlanda

Inicio/Actualidade Literaria/Procurando o esencial da vida en Irlanda

Procurando o esencial da vida en Irlanda

Maggie O’Farrell é unha das escritoras máis interesantes da literatura inglesa feita na República de Irlanda. A pesar de que anteriores obras súas xa estaban traducidas ao castelán (La extraña desaparición de Esme LennoxInstrucciones para una ola de calor, publicadas ambas por Salamandra), o seu nome fíxose famoso este ano entre os lectores de calidade pola súa obra Tiene que ser aquí, que publica a editorial catalá Libros del Asteroide.

Esta nova novela da irlandesa ten como punto central o encontro entre unha actriz que se quere “retirar do mundo” e un home irlandés, Daniel Sullivan, nunha remota poboación da illa esmeralda. A partir dese encontro, os protagonistas quedan marcados e toda a obra intenta destilar, purificar, ir até o óso da esencia dos seres humanos.

Non estamos diante dunha novela que busque un grande anecdotario nin repetir até a saciedade unha historia de amor ou de soidade ou de encontro e desencontro familiar. Non, O’Farrell define o campo de batalla real dos desexos e expectativas das persoas no noso tempo e a través dunha escrita de liña clara onde chaman a atención os potentes diálogos, describirnos o que ocorre por dentro, non como ás veces algúns escritores nolo queren contar, todo ordenadiño e sen arestas, senón co mecanismo completamente contrario: en caos, con saltos temporais adiante e atrás, con proba-erro todo o tempo.

Un libro moi interesante para iniciarse no universo O’Farrell. Un libro para quen quere ler libros modernos e ben escritos.

2017-10-19T12:28:56+00:00 19 / 10 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario