Pollock e a América sen escrúpulos

Inicio/Actualidade Literaria/Pollock e a América sen escrúpulos

Pollock e a América sen escrúpulos

Donald Ray Pollock é un dos novelistas estadounidenses que máis comparacións reciben ultimamente. Algúns din que lles recorda a William Faulkner, outros que a Cormac McCarthy. Tamén hai quen o pon á altura de Flanery O’Connor ou John Steinbeck. Os máis modernos saen dos libros para encontrarlle semellanzas ao seu universo creativo co de Sam Peckinpah, os irmáns Coen ou Quentin Tarantino.

O importante é que o escritor estadounidense, a pesar de tanta referencia, é quen de encontrar o seu propio camiño literario en cada novo proxecto. Tamén en El banquete celestial, que publica en castelán a colección Literatura Random House.

El banquete celestial pódese definir como un western crepuscular, unha historia do oeste máis ben ao leste, un relato cru e sen piedade sobre a transición social que conduciu aos Estados Unidos da época dos pioneiros á Gran Depresión do 1929. O mundo de Pollock nesta novela é algo así como un pedazo de terra erma no máis desolado lugar do país.

Un grupo de irmáns, criado por un pai viúvo temeroso da palabra divina dun xeito carnal, decide empezar unha vida criminal para escapar das promesas baleiras de gloria máis alá da vida. Convertidos en asasinos e ladróns convivirán con diversos personaxes de diferentes castes na fronteira entre os estados de Alabama e Georgia no ano 1917.

Gustarache se: Alucinas coa película Grupo salvaxe, odias que nas novelas dividan o mundo entre bos e malos ou estás canso desa imaxe dos EUA tan limpa e tan demócrata e tan liberal.

2017-08-09T15:13:24+00:00 09 / 08 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario