A poesía total de Lois Pérez

Inicio/Actualidade Literaria/A poesía total de Lois Pérez

A poesía total de Lois Pérez

Long Play, publicado por Xerais, é unha das grandes sorpresas do ano literario en Galicia. O seu autor, Lois Pérez, só tiña até agora un libro publicado, LP, mais rapidamente se fixo co favor da crítica e tamén do público, xa que a editorial viguesa acaba de reeditar este novo título.

Por que conseguiu todo isto Pérez a pesar de non ser unha voz consolidada no mundo da poesía galega? Todo é mérito desta obra, que podemos definir como un libro de poesía total. O autor lugués trasládanos cos seus versos a un universo onde mandan a música, o humor, o interese polo cotián e o galego máis popular.

Lois Pérez é músico amais de escritor e iso nótase cando crea as súas estrofas. Algúns poemas, de feito, poderían converterse en cancións.

A poesía de Pérez é interesante para quen queira achegarse á lírica galega actual sen grandes medos. Non se vai encontrar o lector con formulamentos metafísicos ou cunha poesía social baseada na queixa grave. Mais ben ao contrario, o escritor -sen afastarse da denuncia- trata temas de profundo calado con capacidade para nos arrancar un sorriso. Son ben divertidos os poemas que lles dedica a temas de actualidade, caso do famoso ‘Lady Glosia’, que fai burla de quen considera que existe imposición da lingua galega en Galicia.

Recomendado para: iniciarse na poesía galega contemporánea, sorrir e incluso rir un cacho, ver o mundo tal e como é con ollos de poeta.

2018-02-15T11:02:04+00:00 15 / 02 / 2018|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario