OS MANANCIAIS DA VIDA

Inicio/4º CONCURSO MICRO-RELATOS/OS MANANCIAIS DA VIDA

OS MANANCIAIS DA VIDA

Amenceu. Doíalle todo o corpo pero xa non choraba. Xosé pegáralle outra vez. Decidiu saír a pasear.

Ó pasar por un manancial estremeceuse ó ver una figura dunha muller que lle falaba. Díxolle: “Son Santa María de Augas Santas. Eu sufrín tanto coma ti. Por iso quéroche dicir algo: Xosé xa non te quere. Non podes seguir vivindo con el ou terminará matándote. Cando sexas consciente de que teño razón vai ó segundo manancial. Alí agárdote. ”

Desconcertada dirixiuse alí. Estaba María agardandoa e díxolle: “Tes que convencerte de que non o necesitas e de que podes seguir a túa vida sen  Xosé”.

Uxía pensou que tiña razón. Como xa esperaba, citouna no terceiro manancial e alí foi.

Entón díxolle o que ela desexaba oír: “Denunciao. Chama á policía, ó teléfono de axuda. Non consintas que isto continúe. Lava a cara e mostra as túas feridas. Non te avergoñes, a culpa non é túa”. Ergueu con bágoas nos ollos, agradeceullo e  foi a pór fin ó seu pesadelo.

 

 

Marta Pérez Peña

Colexio Divina Pastora Ourense

2017-03-15T08:50:40+00:00 30 / 09 / 2015|4º CONCURSO MICRO-RELATOS|

4 Comentarios

  1. Angeles Pérez garcia 2 Outubro, 2015 en 8:07 p.m.- Responder

    Buenísimo

  2. Manuel Francisco Fraile Riol 2 Outubro, 2015 en 9:09 p.m.- Responder

    Precioso relato, muy bueno.

  3. Isabel Martin Gomez 3 Outubro, 2015 en 9:22 a.m.- Responder

    Muy buen relato … y actual

  4. xián bobillo 11 Outubro, 2015 en 9:16 a.m.- Responder

    Este microrelato ofrece a maridaxe harmónica entre a lenda e a páxina de sucesos dos xornais, excelente interpretación da violencia de xénero a través dos tempos e dos espazos que os relativizan.

Deixe o seu comentario