Os conspiradores pola liberdade

Inicio/Actualidade Literaria/Os conspiradores pola liberdade

Os conspiradores pola liberdade

Terroristas modernos, de Cristina García Morales, que agora publica Candaya, é unha novela diferente, en canto a técnica, ambición literaria e tema. A escritora granadina sorprendeu a crítica con só 32 anos ao publicar esta vasta análise psicolóxica e histórica sobre as orixes do liberalismo na España posterior á Francesada.

Non esperen aventuras, unha trama chea de trucos e un final feliz. Morales intenta nesta novela un tipo de lectura nada compracente, esixente pero satisfactorio para quen está canso de ler as mesmas historias que parecen escritas polas mesmas persoas.

A través dunha historia de conspiración, a escritora dános a coñecer as miserias e intereses dun grupo de conspiradores que buscan derrocar o absolutismo do rei Fernando VII, quen, logo de voltar ao trono de España baixo as regras da Constitución de Cádiz, 1812, dá un autogolpe de Estado e volve impoñer o Antigo Réxime. Esta decisión frustra as demandas de maior liberdade mais tamén causa estupor entre moitos ex combatentes contra Napoleón que agora se senten maltratados, pouco agradecidos ou directamente marxinados por un goberno que non ten en conta o seu contributo á independencia do Estado español.

Ideal para: Lectores esixentes e cansos das novelas históricas de fórmula. Para afeccionados ao século XIX, á historia das ideoloxías políticas.

 

2017-08-03T12:31:50+00:00 03 / 08 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario