O oubeo

O oubeo

Ninguén sentiu o oubeo. Alguns xuraron telo escoitado ó calor do lume na vella taberna, e mesmo creeu ter visto sombras esvaecerse entre as canellas do barrio baixo.

Ninguén sentiu o oubeo cando un sangue espeso como o mel deixou aquel corpo, colouse entre a táboas do piso, e foi tinguir de vermello o lombo da vaca na corte.

Co amencer, os berros da xente e o latir dos cans, espallaron un medo que se perdía na noite dos tempos e que entrou nas casas coma o frío  do inverno. Coa primeira luz os homes armados de fouces e forquitas cruzaron o bosque na percura de vinganza. O gando non saiu, os nenos non foro á escola.

Ó anoitecer un vello lobo de lombo gris, xacía pendurado do único punto de luz que quedaba na praza. O pobo durmiu tranquilo mentres no seu leito, Romasanta agardaba a vindeira lúa chea

2018-11-06T16:19:30+00:00 06 / 11 / 2018|Sin categoría|

Deixe o seu comentario