“O medo”

Inicio/Sin categoría/“O medo”

“O medo”

Apareceu por baixo da cama. Facía tempo que non viña visitarme. Tiña as orellas pequenas para non escoitar o que lle tiña que dicir, o nariz puntiagudo para cheirar o terror e un sorriso amplo para rir a cachón de min. Apertoume a man e engurroume as fazulas sen piedade.

Dende o bico dos pés até a cachola subiume un calafrío a fume de carozo. Deixoume teso! As pingueiras de suor escorregábanseme a fío polo corpo ata deixarme o pixama enxoitado.

Prendín a luz para alumear o cuarto, a ver se marchaba, pero… nada. Ficou quedo espreitándome e intercambiei a mirada ollando en fite cara él. Aínda así, non fun quen de apañar azos para desafialo.

Estirei a man amodo para coller o libro da mesiña. Abríno e púxenme a ler algunhas páxinas. Xa non estaba só! Arredei o temor e o medo marchou polo mesmo lugar polo que veu.

2017-11-16T12:45:16+00:00 16 / 11 / 2017|Sin categoría|

Deixe o seu comentario