O derradeiro «big bang»

O derradeiro «big bang»

Fuxían os tres por un túnel a escuras. El escoitou os ladridos do can, que intuía a traxedia, ela descubriu que era unha vía morta sen saída. Os tempos chegados eran os do fin da humanidade, de pánico infinito nun mundo perdido, de almas en vilo perseguidas por sombras en silencio, por linguas de lume, por bandadas de buitres que voaban sobre os seus corpos sanguentados.
Un vento incandescente baixo o ceo roxo zoaba no holocausto nuclear dun infernal caos planetario. A vida expiraba, sen esperanza nin horizonte.
Antía e Xandre, testemuñas vinculeiras no derradeiro día do futuro pasado, tremolaban de medo acochados ao carón do seu fiel e leal amigo, Roi, pexado polas feridas dunhas pezuñas en carne viva. Os tres estaban acurralados por un apocalíptico “big bang”.

2017-11-20T13:19:29+00:00 20 / 11 / 2017|6º Concurso de Micro-Relato - Adulta|

Un comentario

  1. Teresa 23 Novembro, 2017 en 2:46 p.m.- Responder

    Me encanta. Triste, profundo….

Deixe o seu comentario