‘O conto da criada’: O best-seller do verán non é un best-seller

Inicio/Actualidade Literaria/‘O conto da criada’: O best-seller do verán non é un best-seller

‘O conto da criada’: O best-seller do verán non é un best-seller

Imaxina: Nos Estados Unidos unha conspiración terrorista mata o presidente, inutiliza os poderes públicos e proclama un Estado teocrático dirixido pola lei bíblica. Imaxina: a elite dese novo Estado, chamado Gilead, decide que o valor máis importante é a procreación e deseña unha rede de “criadas” que pairan criaturas que han ser logo entregadas a familias poderosas que non poden ter fillos de por si. Imaxina un mundo onde as mulleres non teñen voz alén da voz do amo. Onde hai unha clase social que non ten dereito a nome e de aí que as súas membras as coñezan polo home ao que pertencen: De Fred; Defred é a protagonista desta distopía que Margaret Atwood imaxinou na década do 1980 en El cuento de la criada, que Salamandra volve editar aproveitando a estrea da serie de televisión baseada no texto.

Atwood é unha das maiores narradoras estadounidenses e neste libro conseguiu fixar unha mensaxe literaria moi potente e evocadora que amais provoca no lector do 2017 unha sensación estraña, unha vertixe polas semellanzas ideolóxicas dun novo poder que nos Estados Unidos considera que todo está mal e que o que está peor é o abandono da familia e dos vellos costumes que consolidaron a visión cristiá (o cristianismo político, que pouco ten a ver coa mensaxe relixiosa) do planeta.

Unha lectura moi recomendable para tempos confusos. Un libro que está a ser un éxito de vendas aínda que non foi pensado para “arrasar”.

Libros relacionados: Un mundo feliz, 1984, Motorman, Soños eléctricos.

2017-08-17T10:29:10+00:00 17 / 08 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario