Nova vida

Nova vida

Non, non se arrepentía de nada. Como na vella canción.

Deuses, como botaba de menos escoitar música!. É dicir, cando escoitar música era tan sinxelo como buscar unha canción e darlle ao play. Desde que comezaran os apagóns Internet estaba restrinxido a usos moito menos accesorios que ver vídeos musicais, pero a música conservaba a súa función ritual e de acompañamento nas celebracións e agora a xente tocaba máis… sempre que tiveran ánimos e motivos para festexar, e iso escaseaba.
Aquel parecía ser un lugar diferente. O recibimento fora inmellorable e a xente que coñecera parecía estar ben organizada e ter as ideas claras. En realidade, todo o que lle contaran sobre Augas Santas resultaba confirmarse. Visitara aquela aldea antes da Gran Crise. Moito cambiara, pero que non cambiara?. E que reviravoltas ten a vida, tras anos de busca por fin alí podía sentirse segura.

Seguiu batendo. A manteiga estaba case lista e comezaba a doerlle o brazo cando levantou a mirada e afogou un berro.

Era el.

2017-03-15T08:50:41+00:00 24 / 09 / 2015|4º CONCURSO MICRO-RELATOS|

Deixe o seu comentario