Necrópole

Necrópole

Fai tanto tempo que marchaches, mamá. Eu penso sempre en ti, imaxínote comigo, ao fondo deste nicho, pero so che podo escoitar hoxe, e ti nin sequera pensas en min. Vesme ao teu lado, xogando as agachadas. Pero ese é outro que fai a miña voz, i el si que fita cara aquí, coa miña cara e os meus ollos, porque sabe de boa man que me deixou pecho.

Oxalá puidera contarcho, pero nin recordo a súa cara cando o vin saltar do nicho, tan pequeno coma min, sorrindo. Abrazoume e tirou de min cara o burato, mentres ria. Ría coa miña voz e chamábache a berros.

Este é o día de defuntos, pero eu non o estou. Non vou quedar aquí. Estou seguro de que se te acercas mamá, e descubro como abrir esta porta, abrazareite e poderei saír deste, facendo a túa voz.

2018-12-23T18:23:54+00:00 23 / 12 / 2018|Sin categoría|

Deixe o seu comentario