As múltiplas razóns para o suicidio

Inicio/Actualidade Literaria/As múltiplas razóns para o suicidio

As múltiplas razóns para o suicidio

Un estudo histórico e filosófico de grande amplitude ao redor da morte voluntaria ao longo da historia. O profesor navarro pescuda sobre as causas do suicidio, o seu reflexo na cultura, especialmente na pintura e na literatura e como cada civilización tratou aquelas persoas que decidiron interromper a súa propia vida.

Nos últimos anos, a psicoloxía e mais a psiquiatría intentan vincular sempre o suicidio á enfermidade mental. Segundo esta explicación, o impulso de tirar a propia vida ten a ver unicamente cun desequilibrio emocional (e polo tanto motivado por algún problema químico, neurolóxico ou da conduta).

Mais para Andrés, a historia nos explica que moitas son as causas polas que unha persoa decide interromper a súa propia existencia. Moitas teñen a ver co desequilibrio de expectativas entre a vida que se quere e a vida que se ten. Outras son razóns políticas e estéticas. Tamén a literatura intervén en moitas outras.

Un paseo erudito que se desfai páxina a páxina, apto para todas aquelas persoas que queiran profundar nos segredos da existencia e da historia da humanidade da man dun dos grandes autores do noso tempo.

 

Ideal para: lectores de ensaio histórico, afeccionados á psicoloxía e á filosofía.

 

Autores relacionados: Thomas de Quincey, Arthur Schopenhauer.

2017-04-07T14:59:24+00:00 07 / 04 / 2017|Actualidade Literaria|

Deixe o seu comentario